Día: 31 de enero de 2019

Filtrado o novo deseño do flagship da marca coreana Samsung, que opinades?
Android 10 filtrado!
O pasado mes de agosto Google lanzaba a nova actualización do seu sistema operativo Android, a versión 9.0. Esta, coñecida como Android Pie (tarta), chegaría primeiramente aos terminais Pixel, e a día de hoxe, boa parte dos smartphones que recibirán a actualización, aínda non contan con ela.
Sabendo isto, sorpréndenos que xa se comece a falar de Android 10. Pois, ben é certo, que comezan a aparecer os primeiros rumores e filtracións, e aquí en NOTEC comentarémolas.
A novidade máis importante coa que conta é a introdución do Modo Oscuro, o que dará a posibilidade de aforrar unha gran cantidade de batería ao longo do día. Os datos dinnos que podemos aforrar ata un 14% da batería coa pantalla ao 50% de brillo e ata un 60% co brillo ao máximo. A que se debe? É sinxelo, cando a pantalla uns negros verdadeiros, os píxeles da pantalla permanecen apagados, polo tanto é menor o consumo.
Ademais, contará coa opción de gravar a pantalla e integrará a función escritorio que actualmento só podemos empregar con gadgets como SamsungDex.

Aquí vos deixo un vídeo que explica as novas funcións.