Aquí vos deixo a miña cuña publicitaria, traballo da primeira avaliación de TIC II.
Categoría: TIC II
Introdución ás TICs
As TICs son realmente importantes na nosa vida a día de hoxe. Por iso, en NOTEC vemos esencial a formación básica nas tecnoloxías da información e comunicación. Aquí vos deixaremos un enlace a un pdf para coñecer os riscos e os bos usos destas.
«A tecnoloxía nova non é boa ou mala. Ten que ver con como as persoas elixen usala»
David Wong
O inicio
A tecnoloxía sempre está presente nas nosas vidas. Dunha forma ou outra, recurrimos a ela a diario, xa que nos ofrece unha gran variedade de vantaxes. Por iso, en NOTEC consideramos esencial estar á última de todo o que acontece no mundo dixital. Neste blogue analizaremos as últimas novas, os novos terminais das compañías máis relevantes, así como o das marcas emerxentes. Estaremos ao tanto das decisións que vaian tomando as empesas potenciais deste planeta, posto que influíran no rumbo da tecnoloxía e das nosas vidas.
Proximamente teredes a primeira publicación!